Stratus (St)
Vocábulo latino que dá nome a un dos dez xéneros nubosos que establece o Atlas Internacional de Nubes da OMM. É a nube baixa por excelencia, compartindo o piso baixo de nubosidade cos estratocúmulos e os nimboestratos (estas últimas nubes, a cabalo entre as baixas e as medias). O estrato é unha capa nubosa de cor gris, cuxa base é bastante uniforme e pode chegar a coincidir coa superficie terrestre, en cuxo caso nos referimos a el como unha néboa. Pode dar lugar a orballo, pequenos folerpas de neve ou cinaira, e presentar un aspecto bastante homoxéneo e esvaído (especie nebulosus), ou desgarrado, formando trapos (especie fractus) . Pódense ver estratos de tres variedades distintas: opacus , translucidus e undulatus .