recurva
Cambio de rumbo que adoitan experimentar a maioría dos furacáns que discorren polo océano Atlántico e os tifóns do Pacífico, que tras dirixirse cara ao oeste ou oeste-noroeste nas súas primeiras etapas, enfilan cara ao noroeste, norte e finalmente nordeste, describindo no seu conxunto unha traxectoria con forma parabólica. O meteorólogo e sacerdote Benito Viñes Martorell (1837-1893), antigo director do Colexio de Belén, na Habana (Cuba), referiuse por primeira vez a este termo na súa segunda lei da translación ciclónica, onde relacionou a latitude na que o furacán experimenta a recurva (ou recurvatura) coa época do ano.