pantano barométrico

Situación meteorolóxica caracterizada pola presenza dun campo de presión practicamente uniforme sobre unha franxa extensa de territorio. É doado de identificar nun mapa de superficie, xa que se corresponde cunha zona libre de isóbaras, onde os valores de presión atmosférica son relativamente baixos, sen apenas diferenzas entre uns lugares e outros, salvo as debidas ás distintas elevacións do terreo. Baixo unha situación de pantano barométrico, os ceos están despexados e dáanse as condicións ideais para usar un altímetro e calibralo, debido ás pequenas oscilacións que experimenta a presión e ao seu case nulo gradiente horizontal.

Termos relacionados: presión atmosférica

Tamén coñecido como: marasmo