nefelibata

Cultismo, usado por primeira vez polo poeta nicaraguano Rubén Darío (1867-1916), que describe a persoa soñadora, allea á realidade, da que habitualmente se di que está nas nubes. Aplícase tamén a todo aquel individuo que observa as nubes polo simple pracer de facelo, por puro gozo, fotografándoas en moitos casos. Atendendo á orixe etimolóxica do termo ( Néfele [ Nεφέλη ], de néfos [nube], e bata, de bates [ βάητς ]), significa literalmente «o que camiña polas nubes».