meteograma
Representación gráfica da evolución temporal dunha ou varias variables meteorolóxicas en unhas coordenadas xeográficas concretas (un punto no mapa). Os modelos numéricos de predición, grazas ás técnicas de posprocesado, permiten a obtención de meteogramas previstos, nos que aparece representada a evolución futura (a varios días vista) de distintas variables, tanto a nivel da superficie terrestre como en diferentes niveis tipo considerados polo modelo. Os meteogramas poden obterse para calquera punto da malla de integración do citado modelo, aínda que, mediante técnicas de interpolación e axustes de tipo estatístico, obtéñense para lugares de interese, como as cidades. Grazas ao desenvolvemento das predicións probabilísticas (EPS e predición por conxuntos), hai tamén dispoñibles meteogramas que permiten visualizar, simultaneamente, tanto a evolución determinista como a non determinista das distintas variables meteorolóxicas. Este produto de predición coñécese tecnicamente como epsgrama.