isohipsa
Liña que une puntos de igual altura xeopotencial sobre unha superficie dada. En Meteoroloxía, confecciónanse mapas de isohipsas (coñecidos coloquialmente como mapas de altura) de determinados niveis tipo de presión. Os máis habituais son -de abaixo arriba- os de 850, 700, 500, 300 e 200 hPa. As isohipsas son, por tanto, as curvas de nivel -expresadas en metros xeopotenciais- dunha superficie de presión na atmosfera.
Termos relacionados: mapa de altura