isoieta
Liña ou curva de nivel que une diversos puntos da superficie terrestre nos que se rexistrou a mesma cantidade de precipitación nun intervalo de tempo dado. A realización de mapas de isoietas é de grande utilidade para caracterizar de forma gráfica os episodios de choiva. Tamén se utilizan para a confección dos atlas climatolóxicos.