altura

Tomando como nivel de referencia a superficie terrestre, a altura do nivel, punto ou obxecto que queiramos determinar é a distancia vertical entre ambos. Só no caso particular de que esteamos sobre o mar, a altura e a altitude coincidirán, cousa que deixa de ocorrer sobre terra firme. A altura dun obxecto tamén a podemos identificar coa súa dimensión vertical, aínda que, pensando nunha nube, nas observacións meteorolóxicas considérase como tal a altura á que se sitúa a súa base (sempre e cando a extensión horizontal da mesma sexa relevante), o que se coñece como o teito de nubes.