aluvión
Equivalente a inundación. Máis especificamente, refírese aos materiais que, unha vez arrastrados pola auga, quedan depositados sobre o terreo, tales como area, grava, croios, lama, argilas, pedras de distinto tamaño ou pólas e outros elementos vexetais. En función do caudal alcanzado pola riada ou inundación, o espesor da capa de sedimentos e do resto de materiais arrastrados alcanza un maior ou menor tamaño.