halo
Nome que agrupa un conxunto de fenómenos ópticos que teñen lugar na atmosfera, como consecuencia da refracción e reflexión da luz nos cristais de xeo en suspensión presentes nela, particularmente os que constitúen as nubes altas, de tipo cirriforme. Pode adoptar a forma de anel, arco, columna ou luminaria. Baixo a denominación xenérica de halo coñécese o halo ordinario, por ser o máis común de todos eles. Tamén recibe o nome de cerco. Pode haber halos tanto lunares como solares. Os primeiros son máis frecuentes en inverno que en verán e en latitudes altas que en baixas.