resol
Luz envolvente, a miúdo molesta, acompañada de sensación de calor, que ten lugar algúns días nubrados, como consecuencia da difusión da radiación solar a través dunha capa de nubes non moi espesa. Esta reverberación do sol tamén se produce cando temos neboeira ou calixe.