cicloxénese explosiva

Cicloxénese que ocorre moi rapidamente. En latitudes medias, o afondamento dunha borrasca considérase explosivo se a caída de presión no seu centro é de polo menos 18 a 20 hPa en 24 horas, ou submúltiplos dela. En latitudes altas (arredor dos 60º), establécese como limiar un descenso de presión de 24 hPa en 24 horas ou menos. En calquera caso, é o criterio do meteorólogo o que ao final prevalece, non se axustando en todos os casos a cualificación como tal a uns limiares tan ríxidos. Tanto esta expresión como a equivalente «bomba meteorolóxica», puxéronse de moda nos últimos anos, grazas á súa aparición reiterada nos medios de comunicación.