embebido
Tradución literal da palabra inglesa embebed , que significa «estar dentro de». En Meteoroloxía, aplícase a un cúmulo de gran desenvolvemento vertical ou a un cumulonimbo cando a citada nube está inmersa total ou parcialmente noutras capas nubosas. Nos informes meteorolóxicos aeronáuticos incluíse o descritor EMBD, aplicado só a tormentas (TS) ou a torrecúmulos (TCU), para informar o piloto xustamente da situación antes sinalada.