embate

Sinónimo de envestida, que ten varias acepcións meteorolóxicas. Un dos seus usos máis comúns é para referirse ao golpe impetuoso de mar (o embate das ondas, contra un barco ou un cantil). Tamén recibe este nome o golpe de vento; é dicir, un refacho forte e repentino, e a brisa mariña que sopra no verán nas costas. Con este último significado empréganse os localismos embat e embata.