empedrado

En relación ao ceo, que está cuberto por unha capa nubosa cuxa aparencia lembra a dun chan empedrado, con lousas, ladrillos… ou tamén a un rabaño de ovellas. A citada capa é de altocúmulos da especie floccus , formada por pequenas unidades nubosas que chegan case a soldarse e que tradicionalmente se identificaron cos elementos sinalados. Hai varios refráns meteorolóxicos que chaman a atención sobre este chamativo ceo («Ceo empedrado, aos tres días mollado») e inclúen tanto esta palabra como outras equivalentes, tales como enlousado, enladrillado, aborregado, ovellado…