fresco

Termo con dúas acepcións meteorolóxicas. A primeira delas, de uso moi frecuente, é un cualificativo da sensación térmica que se experimenta cando non chega a facer frío nin pasa calor. Aplícase á tempranza de algúns días do inverno, o mesmo que ao alivio térmico que proporcionan as sombras no verán, particularmente cando sopra algo de vento. Así se cualifica tamén o ambiente que se experimenta moitos días da primavera e o outono. Por outra banda, recibe este nome o vento de forza 6 na escala Beaufort, con velocidades comprendidas entre os 22 e os 27 nós (39 a 50 km/h).