briefing
Conversa rutineira que se establece entre o meteorólogo e o piloto antes de calquera voo. O primeiro exponlle verbalmente ao segundo, de forma clara e concisa, cales son as condicións meteorolóxicas actuais e previstas durante a ruta, incidindo nos aspectos máis relevantes e aclarando ao piloto calquera dúbida que lle puidese xurdir. A información flúe nas dúas direccións, xa que os meteorólogos destinados nos aeroportos e bases aéreas tamén se abastecen dos comentarios sobre o tempo en ruta que lles ofrecen os pilotos que acaban de aterrar. Podemos estender o termo briefing á exposición falada do meteorólogo ante calquera audiencia interesada en coñecer en detalle o prognóstico do tempo.