absorción (atmosférica)
Atenuación que sofre a radiación luminosa ao atravesar a atmosfera, causada polos gases e demais elementos en suspensión contidos nela. Esa diminución é moito máis acusada cando a luz provén dun astro (Sol, Lúa…) nas proximidades do horizonte que cando é máis cenital, caso en que atravesa un tramo moito menor da baixa atmosfera, onde a densidade do aire é significativamente maior.