altitude
Distancia vertical entre un nivel de atmosfera, un punto ou un obxecto considerado como tal e o nivel medio do mar. Con frecuencia, este concepto confúndese coa altura ou coa elevación dun lugar. Podemos falar da altitude á que voa un avión ou á que se sitúa unha capa de nubes, pero non é correcto facelo da altitude dunha montaña ou dun edificio, en cuxo caso temos que referirnos á súa elevación e á súa altura respectivamente.