mareógrafo
Instrumento que permite medir e rexistrar as variacións do nivel do mar, tanto nas proximidades da costa como en alta mar. Habitualmente, as boias onde se instalan os mareógrafos inclúen sensores que miden variables como a presión atmosférica, a temperatura do aire ou o vento, o que as converte en boias meteorolóxicas ou do tempo. Existen distintas redes delas, algunha das cales (como a rede Argo) teñen unha cobertura global, o que permite monitorizar os océanos no seu conxunto.