globo cativo
Globo meteorolóxico amarrado ao chan mediante un cable, o que permite tomar medidas a unha altura desexada. Emprégase principalmente en campañas científicas, cun fin específico; cando interesa coñecer como se comporta determinada variable meteorolóxica nun nivel atmosférico dado.