amplitude térmica

Coñecida tamén como oscilación térmica, é a diferenza entre a temperatura máis alta e a máis baixa alcanzadas nun determinado lugar durante un período de tempo dado. De maneira rutineira, nos observatorios meteorolóxicos calcúlase para cada día o valor que resulta de sumar as temperaturas extremas (máxima e mínima) e dividir entre dous. Os maiores valores da amplitude térmica -tanto diaria como anual- dánse en lugares de marcado clima continental, onde hai grandes diferenzas de temperatura entre o día e a noite e entre o verán e o inverno.

Tamén coñecido como: oscilación térmica