estancamento
En relación coa nubosidade, recibe este cualificativo a nube orográfica que permanece moito tempo ancorada ou estancada -de aí o nome- na vertente de barlovento dunha montaña, sobre a que incide un fluxo constante de aire húmido. As nubes de estancamento son comúns nas vertentes montañosas enfrontadas aos ventos dominantes.