riada
Sinónimo de crecida, que tamén se aplica ao desbordamento do río como consecuencia do aumento do caudal, coa conseguinte inundación. Está asociada a unha choiva intensa ou torrencial duradeira, ou a un desxeo acelerado que achega grandes cantidades de auga líquida en pouco tempo. Cando a riada é consecuencia da rotura dunha presa ou do seu desbordamento emprégase o termo pantanada.
Termos relacionados: enchente