auganeve
De maneira xenérica, pode definirse como a forma de precipitación resultante da mestura de choiva e neve. Ten lugar cando a temperatura nas proximidades do chan é algo superior aos 0 ºC, de xeito que as folerpas de neve se funden total ou parcialmente no tramo final da súa caída. Esa neve fundida pode ou non combinarse con outros hidrometeoros precipitantes, como pingas de choiva, gránulos de xeo ou sarabia.