aurora
Forma abreviada coa que habitualmente se fai referencia a unha aurora polar. É menos común referirnos a ela en alusión ao amencer. A aurora é a luz crepuscular arroiada que adopta o ceo nos momentos previos á saída do sol. Alúdese a ela na coñecida frase: «Acabar como o rosario da aurora», que dicimos cando presentimos que algo que está a pasar vai acabar mal. Hai distintas versións sobre a orixe da expresión, aínda que en todas elas o citado rosario da aurora fai referencia ao feito de que ese acto de oración se prolongou durante a madrugada ata que clareou o novo día.
Termos relacionados: aurora polar