temperatura da superficie do mar
Temperatura da masa de auga dos primeiros metros de espesor da superficie oceánica, medida coa axuda de boias ou desde buques oceanográficos ou outras embarcacións, e tamén a temperatura equivalente medida por determinados satélites, aínda que neste caso dunha fracción máis pequena da superficie do mar (menos dun milímetro no caso das medidas efectuadas con sensores que traballan no rango espectral do infravermello, e da orde do centímetro no caso dos que operan en microondas). Internacionalmente, coñécese coa sigla SST e é unha variable de grande interese meteorolóxico, particularmente no ámbito tropical. Por exemplo, a SST dita en boa medida a evolución dos ciclóns tropicais. Cando un furacán discorre por unha zona de augas algo máis cálidas, tende a reforzarse, subindo de categoría.
Termos relacionados: temperatura