centelleo

Variacións rápidas no brillo das estrelas ou das fontes puntuais de luz artificial observadas de noite ao lonxe. Estas flutuacións luminosas son provocadas pola turbulencia atmosférica, xa que ao axitarse o aire -preferentemente na parte máis baixa da atmosfera- prodúcense variacións significativas do índice de refracción, que dan como resultado o citado pestanexo, coñecido tamén como titileo.

Tamén coñecido como: titileo