humidade relativa
Relación entre a cantidade de vapor de auga contida nun volume de aire (humidade absoluta) e a que debería conter devandito volume para acadar a saturación. Exprésase en tanto por cento (%). Esta variable ten a vantaxe de ofrecernos un valor numérico que, de forma inmediata, nos dá unha idea de cal é o grao de humidade do aire. Un aire saturado ten unha humidade relativa do 100 %. Canto máis preto estea o valor da humidade relativa do aire dese valor, máis preto estará o aire de acadar as condicións de saturación e de formarse unha nube. A humidade relativa tamén se coñece como grao higrométrico ou fracción de saturación e é a forma máis común de expresar a humidade do aire.