presión
Magnitude física escalar que se define como a forza exercida por unidade de superficie. Mide o efecto deformador (compresións e expansións no caso dun fluído como o aire) ou a capacidade de penetración dunha forza. A unidade coa que se expresa no Sistema Internacional é o pascal (Pa), que equivale á presión que exerce un newton (N) de forza sobre un metro cadrado (m2 ) [1 Pa = 1 N/m2 ]. A presión atmosférica é unha das variables meteorolóxicas máis importantes.