modelo de área limitada

Coñecido no argot meteorolóxico pola sigla LAM, é un modelo numérico de predición cuxa malla só cobre unha porción da superficie terrestre, que está aniñado nun modelo de circulación xeral (MCG). Para resolver as ecuacións matemáticas nos puntos situados nos límites da área de integración, estes modelos necesitan dispoñer da información que proporciona o modelo global. As variables previstas polo MCG ao que está acoplado o LAM determinan as súas condicións de contorno. Aínda que ten unha maior resolución horizontal que un MCG, depende do seu grao de acerto, o que supón unha importante limitación. Estes modelos utilízanse habitualmente para efectuar predicións a curto prazo, a menos de 48 horas.