higroscópico

Dito dun corpo ou substancia, que ten capacidade de absorber o vapor de auga do aire situado ao seu redor. Os núcleos de condensación arredor dos cales comezan a medrar as pingas de nube, tamén se coñecen como núcleos higroscópicos, dada a súa capacidade de atrapar vapor de auga do ambiente onde flotan. A condensación do citado gas na súa irregular superficie vai formando unha película de auga; esa laminiña engorda con rapidez, se o diminuto corpúsculo evoluciona nun ambiente favorable, saturado de humidade.