graupel
Pequeno gránulo de xeo branco, de superficie rugosa e forma principalmente cónica, coñecido tamén como sarabia branda, cuxo diámetro está comprendido entre os 2 e os 5 mm. É o resultado da acreción de xeo con pingas de auga subfundida. É un tipo de neve granulada cun aspecto que lembra o sal groso. Adóitase identificar coa cellisca, aínda que presentan algúns trazos diferenciais, como o tipo de xeo.