aterecido

Que ten moito frío. Non é, propiamente, un termo meteorolóxico, pero está ligado ao frío, relacionado á súa vez coas baixas temperaturas. A expresión «aterecido de frío» é redundante, xa que o propio termo fai referencia implícita ao frío.