forza centrífuga

Forza aparente á que se ve sometido un obxecto ao describir unha traxectoria curvilínea, que tira del cara a fóra do radio de xiro. Experimentámola ao tomar unha curva nun coche ou ao dar voltas nun tiobivo. Na atmosfera, actúa sobre o aire cando ao desprazarse describe movementos circulares.