caer

Termo náutico que significa afrouxar o vento, o que conleva unha clara mellora do estado do mar. Cando o que fai o vento é aumentar de intensidade, emprégase a palabra refrescar, tamén esta de uso común no ámbito marítimo.