bora

Vento frío, seco e impetuoso do noroeste que, procedente de Rusia e tras atravesar os Balcáns, descende ata as costas de Dalmacia e o mar Adriático. Sopra preferentemente no inverno, alcanzando grandes velocidades, con refachos moi violentos. Aínda que se trata dun vento rexional, o seu nome designa tamén os ventos catabáticos similares que sopran noutros lugares do mundo.