aridez
Condición que caracteriza un lugar onde a pluviometría é baixa, o que provoca unha falta de auga no chan, sequidade ambiental e, como consecuencia diso, unha vexetación moi escasa, adaptada a ese contorno tan hostil. O máximo expoñente dun lugar árido é o deserto, de aí que se fale indistintamente de climas desérticos ou áridos.
Termos relacionados: seca