airglow

Este anglicismo, que se adoita traducir ao galego como luminiscencia nocturna, fai referencia á tenue iluminación que se percibe no ceo nocturno (en lugares escuros, libres de contaminación luminosa) como consecuencia da emisión de luz (fosforescencia) que provocan algunhas reaccións químicas que teñen lugar na alta atmosfera, ao cesar a ionización provocada pola radiación solar e formárense moléculas tras a disociación en átomos e ións que ten lugar durante as horas diúrnas.