nebra

Nube en galego. O termo tamén toma o significado de néboa tanto en Galicia, coma noutras zonas veciñas de Asturias e León. En Os Ancares, chaman tamén niebra (variante de nebra) ao citado hidrometeoro, mentres que para a neblina empregan os termos nebría e nebrina. Na Maragatería (León), a néboa é a niubrina, empregándose o termo nublina co mesmo significado noutras comarcas leonesas. En Galicia, úsanse tamén os localismos néboa e neboeiro/a.