bufa

Vento frío, intenso e penetrante, asociado con frecuencia a un sibido ou son característico, ao que fai referencia xustamente o termo (bufar). Tamén ten unha segunda acepción meteorolóxica: a néboa de val que ascende ladeira arriba por unha montaña. Existen algunhas variantes do termo, como bruga (localismo usado en Arxentina) ou bufo.