temporal

Termo empregado como sinónimo de tempestade, aínda que o seu uso máis apropiado é para referirse a unha situación de chuvias, nevadas e/ou ventos persistentes, de varios días de duración. Tamén recibe este nome o vento de forza 8 na escala Beaufort, con velocidades comprendidas entre os 34 e 40 nós (entre 62 e 74 km/h), o que provoca ondas grandes con rebentos que xeran escuma. Os seguintes graos na devandita escala aluden igualmente ao termo: forza 9 (temporal forte), forza 10 (temporal duro), forza 11 (temporal moi duro) e forza 12 (temporal furacanado).