orballo

Precipitación de pequenas pingas de auga, cuxo diámetro é inferior a 0,5 mm, que cae dunha nube formando unha cortina bastante uniforme, cunha alta densidade deses diminutos hidrometeoros. Existe un gran número de localismos para referirse a ela, entre os que destacan, polo seu uso estendido, orbayo -coas súas distintas grafías-, calabobos e chirimiri. A maioría deles están recollidos no presente dicionario. Cando as pingas son de auga subfundida, temos o chamado orballo xeado ou xeante.