lagoa
Nun contexto meteorolóxico, o termo alude á falta dunha certa cantidade de datos nunha serie climatolóxica. Se, por exemplo, se dispón da serie de 80 anos de temperaturas medidas ininterrompidamente nun observatorio, e nela hai uns poucos meses dun ano en que non figuran rexistros, ese oco ou baleiro é a lagoa de datos.