despexado
Referido ao ceo, que non ten nubes. É común empregar este termo cando loce o sol, aínda que poida haber algunha nube no ceo; por exemplo, cando se parte dunha situación inicial na que está cuberto, pero se van abrindo claros de forma progresiva, cunha tendencia a despexarse, aínda que non chegue a facelo por completo.