cavok

Termo que aparece nos informes meteorolóxicos aeronáuticos cando a visibilidade é óptima e non supón unha incidencia salientable para os pilotos. É o acrónimo de Ceiling And Visibility OK . Substitúe aos grupos -en linguaxe cifrada- correspondentes a esa variable cando, simultaneamente, a citada visibilidade é maior ou igual a 10 km, hai ausencia de nubes por debaixo de 1500 m ou dunha altitude de referencia (distinta para cada aeroporto ou aeródromo) e tampouco se observan ou prognostican cumulonimbos, torrecúmulos (cúmulos de gran desenvolvemento vertical) nin fenómenos de tempo significativo. Habitualmente, aparece escrito en maiúsculas (CAVOK).