cerrazón
Nun contexto meteorolóxico, refírese á escuridade asociada ás treboadas ou a outras situacións en que o ceo tamén se cobre de nubes de gran espesor, o que reduce considerablemente a luz ambiental. É común referirse a un ceo pechado para expresar que está encapotado.