clarexar

Despexarse o ceo de nubes. O termo úsase, sobre todo, os días anubrados en que estivo chovendo, cando remite a choiva e se van abrindo claros. As palabras abrir(se) e aclarar(se) empréganse como sinónimos. Tamén se utiliza para referirse á aparición no ceo nocturno das primeiras luces do día, o que coincide co inicio do crepúsculo astronómico.